VIAXES -INDIA-06
http://romyjeanv.blogspot.com/2006/11/india.html
http://romyjeanv.blogspot.com/2006/11/desierto-thar.html
O significado profundo e infinito do silencio aprendino aquí, onde as palabras sobran. É a alma a que fala. Faite sentir unha inmensa alegría e á vez unha insoportable tristura; alí aprendín a estar contenta porque si, sen máis, a non queixarme e a estar aberta. Sentín o poder da alma e de quen ama sen pedir nada. Non me parara antes a pensar en cousas que cría saber, ás que non daba importancia, quizais andaba con demasiada presa; India estame ensinando a ter paciencia ……. As súas xentes encargáronse de ensinarmo, elas viven cunha infinita calma, non se irritan, non se impacientan, sempre che ofrecen un sorriso. Din que quen vai á India non volve o mesmo que cando foi; é certo, esta é a viaxe de todas as viaxes. India non cesa de alimentar a todos os que acoden a ela. Non deixa de darme vida, de entusiasmarme cando falo dela.Coma se dun circo humano se tratase: bicis, motos, coches, carros, vacas, elefantes, nenos, homes, mulleres entrecruzándose sen bater, milagrosamente, sen presas, sen apuros. É danza. Algo surrealista que vira sen cesar arredor de ti con tanta vida!! Un ruído infernal e constante de bocinas, un fedor apestoso. E todo isto mantente en alerta e en expectación continua. Déixaste levar por ela, sen fatiga. Ao chegar ao Ganges, ao Taj ou ao deserto do Thar ese caos virase pacífico, de repente tanta luminosidade parece irreal e produce un sentimento de espiritualidade. Ninguén se escapa.


0 Comments:
Post a Comment
<< Home