CAENDO A NOITE....POR TI
ENTRAÑAS
Esa alma tola.... que me engana
Esa alma desgarrada
É todo, é nada
É unha droga que me mata
Véxote e non te miro
Soprarte quero sen alento
Para esfumarte....
Porque sen ti non vivo pero contigo morro
É moi dentro, nas entrañas, onde choro
É moi dentro, nas entrañas, onde berro
Para non desvanecerme de todo
Ata que renazo de novo
PERDIDOS
Xa non sei quen son
Onde estou?
Non me recoñezo
Es ti? son eu?
Foi el ou somos nós?
Quizabes foi un erro
É real esta dor?
AFTER SHAVE
Odio. Xenreira. Dor
Medo. Desesperanza
Fume. Alcohol
Túnel. Cristal Quebrado
Aroma a tabaco, after shave e ron
Noites en branco. Guitarra
Son de rock and roll
Hachis e nós
SEN NAI
Sempre quixen verdadeiro,
como unha canción de flamenco.
Auténtico,
Tan real, que muda, cambia
E doe como unha amputación de gorxa
Amor inxusto, enfermo
Téndote dentro, fuxes
Coma un aborto natural
Amor interno,
Que morre porque non ten nai
Romy Vázquez Veiga. Santiago de Compostela, 11 de abril de 2007.


2 Comments:
Niña, me gustan tus poemas...los he leído a ritmo de hip hop, porque ahora me está dando por ahí y en serio creo que podrias darles ese enfoque, que hacen falta hip hoperas galegas. Bicos
Gracias Silvi, siempre tan positiva...pues nos dedicaremos a producir hip hop galego
Post a Comment
<< Home