ROMYJEAN

Siempre he pensado que viajar en un buque de carga siendo un poco pasajero y otro poco tripulante debe ser algo admirable....una valija pequeña, un cuaderno, un libro de poemas....me despierto cada día con el ansia de la FUGA. CORTAZAR

Wednesday, October 10, 2007

PENSO QUE QUEDARON COUSAS.....

QUERIDO AMIGO......

Aínda me lembro dunha conversa instantánea coa miña tía Carme da Barciela no enterro do tío Alfredo. Moi apenada, vestida de negro acercouse a min con rostro de viúva, e ben pegadiña á miña orella preguntoume: "Ay, Rominiña canto tempo!! como andas, estás forte?" Naquel intre, mentindo, respondín que si.

Foi unha desas preguntas que ensinan. Porque na vida so nos queda sentirnos así. Cando realmente asumes a reponsabilidade da túa vida vaste facendo forte. Ese momento empeza cando so disfrutas daqueles instantes especias que sabes que son un regalo da vida. Cando empezas a conformarte con iso, penso que deixas atrás a inocencia e parte da tan eloxiada xuventude.

Esto é alomenos, o que fun aprendendo, querido amigo, dende o día que comecei a dicirche adeus. Penso que foi xa fai 5 anos, porque tristemente comecei a dicirche adeus no mesmo intre en que che coñecín. Quizabeis porque batemos nese momento en que ambos estabamos empezando a asumir candanseu a súa responsabilidade vital.
Ainda así, amigo, penso que deixamos cousas por facer, non sei se por contar, por vivir ou por soñar. Supoño que hai que estar ledos porque abrazarnos de cando en vez é todo un logro. Supoño que ambos loitamos por impedir que cada un invadise o espazo do outro e niso malgastamos enerxías.
Así pois, non sei se estou preparada para o que toca..............que non é outra cousa que rematar o que empezamos. O cómo e o cando xa o deixo nas túas mans. Quizabeis non é o momento. O que sí che digo é que estou forte, compañeiro.
Romy Vázquez
Santiago de Compostela
Outubro 2007

1 Comments:

Blogger Unknown said...

Es bonito...triste y muy directo...pero bonito.
Te quiero carnalita.
Saludos de México a Perú.

8:33 PM  

Post a Comment

<< Home