ROMYJEAN

Siempre he pensado que viajar en un buque de carga siendo un poco pasajero y otro poco tripulante debe ser algo admirable....una valija pequeña, un cuaderno, un libro de poemas....me despierto cada día con el ansia de la FUGA. CORTAZAR

Wednesday, June 06, 2007

VIAXES-ISTAMBUL/05





























ISTAMBUL é unha desas cidades polarizadas que amosan as ansias de quere formar parte de Occidente pero sen perder a esencia de Oriente. É a porta de Turquía, é o mundo musulman na súa máis pura esencia, mezquitas, especias, baños turcos, o Gran Bazar, pero tamén grandes edificios e paseos en barco polo Bósforo. É incrible como a antiga Constantinopla pode manter a súa esencia entre o caos dun país en transición cara Europa. Deben ser os cánticos que se escoitan a través dos minaretes das mezquitas cada vez que os fieis imploran a Alá...é unha cidade con música e sons en directo.

Labels:

VIAXES -INDIA-06

http://romyjeanv.blogspot.com/2006/11/india.html

http://romyjeanv.blogspot.com/2006/11/desierto-thar.html


O significado profundo e infinito do silencio aprendino aquí, onde as palabras sobran. É a alma a que fala. Faite sentir unha inmensa alegría e á vez unha insoportable tristura; alí aprendín a estar contenta porque si, sen máis, a non queixarme e a estar aberta. Sentín o poder da alma e de quen ama sen pedir nada. Non me parara antes a pensar en cousas que cría saber, ás que non daba importancia, quizais andaba con demasiada presa; India estame ensinando a ter paciencia ……. As súas xentes encargáronse de ensinarmo, elas viven cunha infinita calma, non se irritan, non se impacientan, sempre che ofrecen un sorriso. Din que quen vai á India non volve o mesmo que cando foi; é certo, esta é a viaxe de todas as viaxes. India non cesa de alimentar a todos os que acoden a ela. Non deixa de darme vida, de entusiasmarme cando falo dela.Coma se dun circo humano se tratase: bicis, motos, coches, carros, vacas, elefantes, nenos, homes, mulleres entrecruzándose sen bater, milagrosamente, sen presas, sen apuros. É danza. Algo surrealista que vira sen cesar arredor de ti con tanta vida!! Un ruído infernal e constante de bocinas, un fedor apestoso. E todo isto mantente en alerta e en expectación continua. Déixaste levar por ela, sen fatiga. Ao chegar ao Ganges, ao Taj ou ao deserto do Thar ese caos virase pacífico, de repente tanta luminosidade parece irreal e produce un sentimento de espiritualidade. Ninguén se escapa.

VIAXES MEXICO-GUATEMALA-BELICE/04




Amigo RASTA JOSEPH






TIKAL






































Foi unha desas viaxes que ningunha esqueceremos. Primeiro polo singular dos tres países visitados e pola hospitalidade das súas xentes, segundo pola propia experiencia mochileira e aventureira,que nos mantiña sempre expectantes e terceiro porque se xenerou, dende a orixe da viaxe, unha maxia grupal, unha conexión entre todas nós que facía que sobraran as palabras, os 5 sentidos funcionaron ao 100%


Labels:

Monday, June 04, 2007

SOBRA ARTE

7/02/2007

El Arte como forma de Vida
Quien ha nacido como artista puede que se sienta identificado con esto que lee. Quien a lo largo de su vida ha sentido el arte como algo vivo que lo inquieta, que lo apasiona… podría sentirse identificado con esto que lee. Quien sin más ama el arte en sus diferentes formas y expresiones se sentirá identificado con esto que lee. La Vírgula es una de esas expresiones con las que unos pocos, incluidos en cualquiera de estas tres premisas, nos sentimos identificados. Cada uno de nosotros ha escogido el arte como modo de vida. Da igual la causa, lo que importa es el efecto que surge de vivir del hecho artístico. El sentimiento que genera hacer lo que a uno le motiva, lo que quiere o lo que se propone sabiendo que es afortunado por dedicarse a ello a pesar de las dificultades. Los buscavidas están por todas partes, los obstáculos hay que salvarlos en cualquier faceta. La artística supone normalmente uno inmenso del que si se sale, se vale. Se dice que la vida es una y hay que vivirla. Hagamos caso o no al dicho el paso de los años demuestra que vivimos, que nos mantenemos mejor o peor pero ahí estamos, de lado a lado, de costa a costa disfrutando de nuestras decisiones. Tomando el tema a la inversa deducimos que Así el Arte como forma de Vida…la Vida como forma del Arte. Con ello no trato de exponer ninguna premisa filosófico-cartesiana sino simplemente felicitar a todos aquellos que, de cualquier modo, la emplean en sus existencias. Quien ha leído este texto no necesariamente debe estar identificado con lo que dice, pero deja una puerta abierta al arte sólo con haberlo hecho.
Publicado por Adela en 04:34 0 comentarios

ADELA VÁZQUEZ

http://www.conservarteomorir.blogspot.com/

LOS PECKS

http://www.myspace.com/lospecks2000

OCHENCAY

http://www.youtube.com/watch?v=nf8Xl-cbGzA


KATHAARSYS

http://kathaarsys.sadixmo.com/index2.htm

DESBARRE

Es eso que llaman vida lo que un día me mata y otro me encandila....

4/06/07

CHOVE

As miñas bágoas foxen co vento
mentres él se afoga na súa propia xenreira;
As miñas bágoas permanecen cobardes........
Tímidas, segredas, salvaxes,
convértense en xeo.

Enganadas polo fado do sol
somérxense, ledas......
no fado da paixón.
Non han tardar en rexurdir,
Bágoas eternas,bágoas de sangue.

Romy Vázquez
Sigüeiro 95
Santa Marta 06