E CONTINÚAN AS EXPERIENCIAS
ÍAN
Non penses que me esquezo, porque do esquecemento xorde o aburrimento. De esquecemento dormen as almas no inverno.
Embríagame a pena do stop e alédame ter traspasado a barreira do espirito, nesa relación sublime de corpo, alma e mente.
No primeiro momento alzei a mirada. No encontro brotou a ledicia dos compañeiros que parecía que xa se tiñan visto. Entregámonos. Era un momento vital de plenitude...logo xurdiu o medo e ultimamente a angustia apretabame a gorxa; sabía que marchabas....
PRESENZA.
Orgullo, elegancia con diversión . VIDA.
Beizos a carón, pelo encaracolado entre mans de bermello, susurro do cordón umbilical fronte ao encantador de ombligos. Centauro incansable; campeón de lastres, amante amigo; irmán infante.
Amo o respeto. Penso na esencia. Hulo na distancia e no silencio que estamos preto.
Atopei por fin a escada
Rompe lumes: Grazas.
ROMY VÁZQUEZ
CASAVELLA, MARANTES
2 DE MARZO DE 2009


0 Comments:
Post a Comment
<< Home