ROMYJEAN

Siempre he pensado que viajar en un buque de carga siendo un poco pasajero y otro poco tripulante debe ser algo admirable....una valija pequeña, un cuaderno, un libro de poemas....me despierto cada día con el ansia de la FUGA. CORTAZAR

Monday, October 13, 2008

PUES...........SI

Á volta da máis grande experiencia da mundoloxía, ofreceronme un estado emocional equilibrado pero desestabilizador á vez que inquietante, de sorpresa. A nobleza, a fidelidade, o cariño, a lealdade adolescente, pero adulta, fixome ver o que estaba escondido........esa parte que pensaba que xa se borrara............. A devoción que non chegou a brotar. Mestura da esencia de dous personaxes que sempre agarran a vida coas mans; cun punto de unión segredo e humano. Foi e segue a ser curativo, a pesares do rencor, o yan que fai que na roda con yin, sexa unha das historias de amor máis cortas, intensas, comprometedoras e importantes da miña pequena histoira. Transformadora.
Tamén é o inicio dun ciclo e o decatarnos de onde estamos. Ir da man coa ledicia de ter tanto por facer!!! O amor filial, fraternal, familiar, pura amizade, os amantes non convencionais. Escomezar de xeito orixinal, prohibido, e poñer o noso conservadurismo necesario no punto de arranque. Falar e compartir aventuras, os estragos, o planeta, a nosa cidade. VIVIR, coa ledicia do amor roto, cunha seguridade insegura, porque era un amor bizarro.