NACEU UNHA NOVA ALMA

Comezamos a adoralo nunha cálida mañá de marzo, coma quen adora ao ceo e humildemente agradece un novo día; todo elo no contexto de algo moi simple que se chama observación; de nós a el e del a nós. A observación ten algo de divino e espiritual.
No leito desta máxica simpleza o neno no berce converteuse nun acto de consolidación dunha estreita relación establecida por cada membro da comunidade familiar coa dita alma, minúscula; porque todos a través da súa nai escoitabamos durante meses o latido do seu corazón. Era un momento divertido no que poñiamos o noso tímpano enriba do bandullo materno..............coma un xogo e permaneciamos inmóbiles, coma quen escoita iso que forma parte do indescritible...............da esencia da vida.
Esa relación abstracta mantivémola durante nove intensos meses co neno que revolve e remexe. Mario decidiu nacer o mesmo día que cumpría anos o seu tío avó; ese día en que o tío avó empezou a despedirse de nós............coma un auténtico relevo. Mario leva o nome do noso avó.
Esta nova presenza enche pois un baleiro..............un oco negro que sempre tiñamos palpado na alma familiar. Porque cada familia ten unha alma propia que se transmite, como se transmiten as costumes e permanecen, a modo de estrutura, de esqueleto, que só son capaces de sentir os membros de cada comunidade familiar, xeración tras xeración, coma un segredo.
Na nosa comunidade familiar a alma estaba un pouco esnaquizada, porque o avó Mario dixo adeus fai moitos anos. Hoxe despedimos ao seu fillo varón........ pero chega un novo brazo. Non é casualidade, so é un deses momentos especiais no que a vida coloca e descoloca elementos, almas, ao seu parecer, pero dun xeito lóxico, como nunha partida de xadrez.............. deixándolle sitio á frescura.............. establecendo un equilibrio a través dun neno con tanta tranquilidade que parece que el sabe que ven a este mundo dese xeito. É una tristeza leda peregrina en puro e agresivo contraste.















